Inicio
Actualidade

Ao día!

05/12/2022

Aquatim busca un ciclo da auga circular, eficiente, seguro e resiliente

Comparte este artigo

A Unidade Mixta de Investigación Aquatim nace co obxectivo de lograr un futuro sostible e descarbonizado, utilizando como ferramenta fundamental a implementación dun ciclo da auga circular, eficiente, seguro e resiliente

Aquatim é unha alianza estratéxica entre Cetim, centro tecnolóxico especializado na investigación e desenvolvemento de tecnoloxías e procesos de tratamento de augas, economía circular e sistemas dixitais, e Aqualia, compañía líder en Europa en xestión integral no ciclo da auga. Trátase dun proxecto de investigación aplicada, amplo e ambicioso, que prevé un investimento de máis de dous millóns de euros e unha duración de 39 meses.

A alianza estratéxica que da orixe a Aquatim constitúese en outono de 2022 nun acordo entre Cetim, Aqualia e Trainasa, empresa participada de Aqualia; aínda que o proxecto comezou a xestarse anos antes, concretamente en 2014, co comezo da colaboración entre Cetim e Aqualia en investigación aplicada e desenvolvemento tecnolóxico ao tratamento e xestión de augas residuais e industriais. As actuacións realizadas pola Unidade Mixta de Investigación Aquatim contan co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, no marco da convocatoria 2022 do programa Unidades Mixtas de Investigación.

O obxectivo final de Aquatim é acadar un futuro sostible grazas a un novo ciclo da auga. Máis concretamente, a unidade de investigación propón cinco liñas de investigación: 1) Obtención de hidróxeno verde a partir da auga, como vector clave para a descarbonización, 2) Solucións baseadas na natureza e sistemas urbanos de drenaxe sostible, para a xestión eficiente do ciclo da auga e a adaptación ao cambio climático, 3) Economía Circular na auga para unha eficiencia sostible dos recursos, 4) Calidade das masas de auga para garantir un uso seguro e protección dos ecosistemas, e 5) Dixitalización do ciclo da auga. 

Todo isto complementado de maneira transversal coa integración e validación de tecnoloxías en Galicia.

Nas 5 liñas de investigación de Aquatim hai unha primeira etapa de investigacións en laboratorio, que permitirá estudar en detalle e optimizar as tecnoloxías a pequena escala. Esta fase é imprescindible para o posterior escalado, máis aínda ao tratarse de tecnoloxías moi innovadoras. A continuación, cara finais de 2023, iniciaranse os estudos para o deseño e posterior validación das plantas piloto do proxecto.

Preténdese que as actuacións levadas a cabo en Aquatim empuxen ao sector da auga en Galicia e España cara á unha nova realidade onde as EDARs tornan en biofactorías para a produción de recursos (enerxéticos, agrarios, ou industriais); unha produción sostible (mediante tecnoloxías eficientes e solucións baseadas na natureza) e trazable (mediante o despregamento de solucións de sensórica e blockchain). Así mesmo, a Unidade Mixta de Investigación Aquatim pretende facilitar a transición ecolóxica de Galicia, a través da redución do consumo de combustibles fósiles e as emisións de gases de efecto invernadoiro, e o apoio á innovación no ámbito industrial.

Cetim, Aqualia e Trainasa empuxarán á sociedade e á industria cara a un futuro sostible. Para iso, a UMI, impulsará o uso de enerxías limpas, a economía circular, a transición industrial xusta, a mobilidade sostible e o respecto polo medio no ciclo completo da auga.

Aquatim traballa para lograr un futuro mellor, impulsado por enerxías renovables, mobilidade sostible e onde a economía circular e o respecto polo medio serán pedras angulares da nosa economía. Para os seus socios, trátase dunha alianza que terá un impacto real na sociedade. O proxecto vai máis alá dos traballos en investigación de laboratorio para realizar tamén prototipos a escala semiindustrial e contornas reais, que sentarán as bases para a súa implantación real en depuradoras municipais e industriais.

Neste sentido, a UMI contribuirá de maneira significativa á modernización do sector da auga e á mellora da sustentabilidade ambiental, a través dunha maior eficiencia enerxética, da xestión dos recursos e dos custos. Iso derivará en substanciais melloras da calidade de vida dos cidadáns: mellorará a calidade das masas de auga, a xestión do ciclo da auga, e creará novas ferramentas para a mitigación do cambio climático.

Aquatim axudará a garantir unha auga de calidade para o abastecemento da actividade agrogandeira, industrial e urbana de Galicia nas futuras décadas.

Tamén pode interesarche