
Ao día!

Prendeluz, desde Galicia para o mundo
Segundo o “Informe sobre o impacto de Amazon nas pemes españolas 2022”, Galicia é a quinta autonomía con máis exportacións e máis pemes vendendo a través da plataforma.
Entre esas empresas galegas atópase Prendeluz, unha tenda online de iluminación e material eléctrico da Coruña. A andaina empresarial de Brais Mayán, o seu fundador, comezou como tantas outras: botando unha man no negocio familiar, concretamente un establecemento de material eléctrico na cidade herculina. Con todo, a súa inquietude innovadora impulsoulle a ir un paso máis aló. “Quixen crear unha páxina con tenda online e, por mor de facelo, ao pouco tempo contactounos Amazon para vender os nosos produtos a través da plataforma”, explica. Así foi como en 2019 constituíu Prendeluz, o seu proxecto propio e persoal. Hoxe, a empresa conta cun equipo de oito persoas e xera un volume de vendas de 1,5 millóns de euros.
A distribución realízase a través do programa Paneuropeo de Amazon, polo que a plataforma recibe os produtos e almacénaos nos países europeos da rede loxística para a súa posterior distribución, achegando así o inventario a clientes de toda Europa. Por volume de vendas, Alemaña é o seu principal cliente estranxeiro.
Diversificación e innovación
Ademais de presentar ben o produto e de contar cunha rede sólida e competitiva de provedores, Brais Mayán ten claro cal é a clave do éxito para posicionarse neste marketplace. “Sen dúbida, crear a túa propia marca e traballala, estar en constante procura para ampliar o catálogo e apostar pola innovación, chegando a crear novos produtos”, enumera.
A diversificación e a continua adaptación aos cambios son outra constante nos valores de Prendeluz, que tamén vende a través doutras plataformas como Manomano, na súa propia páxina web con tenda online e, proximamente, na portuguesa Worten.
Para o futuro, o principal reto é “fortalecer a marca con produtos novos de material eléctrico e centrarse en importacións de produtos que están a empezar a destacar”. Ademais de lanzar produtos creados por Prendeluz, “sempre co obxectivo de anticiparse á competencia”.