Inicio
Actualidade

Ao día!

31/10/2023

Entrevista a Manuel Vázquez, presidente do Clúster do Naval Gallego (Aclunaga)

Comparte este artigo

“A innovación é fundamental para garantir a competitividade das empresas do sector naval”

O naval galego constitúe un sector estratéxico da economía de Galicia, tanto por tradición histórica como por peso. No clúster participan 125 empresas, desde estaleiros e enxeñerías ata sociedades de clasificación e certificadoras, pasando por empresas provedoras de bens de equipo e subministracións, empresas habilitadoras, instaladores ou empresas do metal.

Como é a cadea de valor do sector naval en Galicia e a que tipo de empresas aglutina Aclunaga?

A cadea de valor naval inclúe todo tipo de empresas vinculadas á construción, reparación e desmantelamento de artefactos flotantes. Para iso diversificáronse e incorporáronse a Aclunaga todo tipo de empresas que interveñan nalgunha das fases da devandita construción, xa sexa un produto acabado ou un servizo para o desenvolvemento da obra.

Cales son as áreas de actuación prioritarias do clúster en materia de I+D?

A procura de proxectos consorciados que promovan novos produtos ou novos servizos con impacto social e territorial en Galicia.

Que papel xoga a innovación para garantir a competitividade das empresas do sector no contexto internacional?

Un aspecto fundamental. Os tempos actuais non permiten manter os mesmos produtos ou servizos sen avances e adaptacións ás novas tecnoloxías. Os clientes son cada vez máis esixentes en canto ao rendemento e a adaptabilidade destes produtos ao medio mariño máis respectuoso e sustentable.

Que fortalezas e oportunidades ten Galicia para seguir liderando a industria naval?

Resposta difícil, pero Galicia sobrevive grazas á adaptación das súas empresas ao tipo de clientes que buscan embarcacións adaptables con posibilidade de cambios no proxecto inicial e cun custo medio de mercado, así como rapidez de construción. Iso está no ADN, polo tanto, espérase que este último siga servindo de panca e motivo fundamental de éxito.

Tamén pode interesarche