Inicio
Actualidade

Ao día!

28/05/2024

Frutas Nieves é sinónimo de innovación, calidade e compromiso coa alimentación saudable

Comparte este artigo

Con 40 anos de traxectoria no mercado, Frutas Nieves consolidouse como un referente no sector grazas ao seu compromiso coa calidade, a innovación e o coidado do medio ambiente. Fundada en 1983 como almacenista de froitas, verduras e hortalizas frescas na contorna de Vigo, a empresa soubo adaptarse aos continuos cambios do mercado nos últimos anos, profesionalizándose na distribución, experimentado un crecemento continuo acompañado dunha evolución constante

Frutas Nieves conta cunha rede de 41 establecementos franquiados, distribuídos na provincia de Pontevedra, ofrecendo aos seus clientes unha ampla variedade de produtos frescos coas máis altas garantías de calidade. Nos últimos anos soubo ampliar o seu modelo de negocio chegando a novos clientes do sector privado en toda Galicia, tales como a canle horeca, almacenistas e supermercados, trasladando a súa política de calidade e servizo ao consumidor a grandes empresas. 

Soster a competitividade da empresa e lograr un crecemento sólido durante varias décadas é todo un fito. “Xustamente cumprimos 40 anos e esta é unha das reflexións que nos fixemos, xa que manterse 40 anos no sector da froita non é fácil. Frutas Nieves foi unha empresa en constante crecemento e moi fiel aos seus valores de calidade, servizo e atención. Ademais, nos últimos 10 anos e extrapolando o noso propio modelo de negocio, conseguimos dimensionarnos. Aínda que nosas froiterías están posicionadas en Pontevedra, fomos facéndonos coa distribución nas 4 provincias galegas de maneira diaria grazas un importante tecido loxístico. E todo iso mantendo un asesoramento personalizado”, explica Víctor González Barreira, director comercial de Frutas Nieves.

Cunha facturación anual que roza os 23 millóns de euros, a empresa diversificouse con éxito a través da súa división FreshCut, enfocada na produción de alimentos saudables transformados e envasados, comercializados a través da súa tenda en liña, entre os que destaca a súa coñecida liña de purés. “Esta liña sen ningún tipo de aditivos nin potenciadores de sabor, ademais de promover hábitos saudables, permítenos chegar tamén ao mercado internacional, xa que a súa durabilidade é de ata 6 meses en frío”, destaca González Barreira.

Situados no Parque Tecnolóxico Loxístico de Valladares en Vigo, Frutas Nieves conta con instalacións de última xeración equipadas con tecnoloxía avanzada para a conservación, elaboración e distribución de produtos frescos en condicións óptimas. Pero máis aló da súa infraestrutura, o verdadeiro motor da empresa é o seu equipo humano, composto por máis de 120 profesionais comprometidos coa excelencia e a satisfacción do cliente.

Unha das iniciativas máis destacadas de Frutas Nieves é o Club Vitaminas, un proxecto educativo destinado a promover hábitos de alimentación saudables entre os máis novos. A través de talleres nutricionais realizados en centros educativos, o Club Vitaminas ensina aos nenos a importancia dunha dieta equilibrada e variada.

Prácticas responsables e sustentables

No seu compromiso coa sustentabilidade e o coidado do medio ambiente, Frutas Nieves implementa prácticas responsables en todas as súas operacións. Desde o campo ata a mesa, a empresa traballa en prol do aprovisionamento sustentable de froitas e verduras, garantindo o equilibrio entre a produción e a conservación dos recursos naturais para as xeracións futuras. 

A empresa xestiona o seu sistema de abastecemento de maneira directa, sen intermediarios, establecendo acordos con produtores locais e nacionais para asegurar a calidade e frescura dos seus produtos.
Cun eficiente departamento loxístico, Frutas Nieves garante a rastrexabilidade dos seus produtos e a seguridade alimentaria en toda a cadea de subministración. Situada estratexicamente no cinto loxístico de Vigo, a súa central permite distribuír a mercadoría en todo o territorio nun prazo máximo de 24 horas, cumprindo cos máis altos estándares de calidade e puntualidade nas entregas.

E-commerce, máis preto dos seus clientes

Ademais dos seus establecementos, Frutas Nieves suma a apertura da súa propia tenda en liña, ofrecendo unha selección de produtos propios da súa marca, así como froitas e verduras frescas en diversos formatos. Estes produtos, caracterizados pola súa alta calidade e selección única, reflicten o compromiso da empresa coa innovación e a satisfacción do cliente. Pero a cousa non queda aí, ampliaron o plan de negocio co Servizo de Empresa, para aquelas entidades que queiran coidar dos seus empregados a través dunha excelente acción de Responsabilidade Social Corporativa. “Non só funciona como unha gratificación, senón tamén como un modo de fomentar hábitos de vida saudables. Asesoramos de forma personalizada ás empresas segundo as súas necesidades, gustos e número de empregados”, comenta Víctor González Barreira.

Cunha visión de futuro e un enfoque centrado no cliente, a empresa viguesa afiánzase no sector da alimentación, destacando pola súa innovación, calidade e compromiso coa comunidade e o medio ambiente.

Tamén pode interesarche