Guías
INSTALACIÓNS TÉRMICAS EN EDIFICIOS
Este catálogo recolle os trámites necesarios para a constitución e posta en marcha das iniciativas empresariais relativas ás actividades de instalacións térmicas nos edificios.
Enténdese como instalación térmica nos edificios a instalación fixa de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) destinada a atender a demanda de benestar térmico e hixiene das persoas, ou a instalación destinada á produción de auga quente sanitaria (AQS), incluídas as interconexións a redes urbanas de calefacción ou refrixeración e os sistemas de automatización e control.
Refírese tanto ás instalacións térmicas realizadas en edificios de nova construción e en edificios xa construídos como ás súas reformas, mantemento, uso e inspección.
Dentro desta actividade, non se abranguen as instalacións térmicas de procesos industriais, agrícolas ou doutro tipo que non estean destinadas a atender as necesidades de benestar térmico e hixiene das persoas.
Antes de comezar as súas actividades, as empresas instaladoras ou mantedoras de instalacións térmicas en edificios deben presentar telematicamente unha declaración responsable na que a persoa titular ou representante legal declara as actividades que realizará a empresa, como instaladora ou mantedora, ou ambas as dúas actividades. Ademais, manifesta que cumpre as condicións exixidas para realizalas.
Coa presentación da declaración, a empresa quedará inscrita no Rexistro de empresas instaladoras ou mantedoras de instalacións térmicas nos edificios, e habilitada nas actividades declaradas, logo da comunicación previa ao concello do inicio de actividade, o cal non exime do cumprimento doutros aspectos relacionados co marco normativo e sectorial
de referencia.
Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE).
Decreto 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza , do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.