Guías
CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS
Este catálogo está destinado a recoller os procedementos necesarios para a posta en marcha de centros de servizos sociais en Galicia.
Terán a consideración de centros de servizos sociais todos aqueles equipamentos regulamentariamente tipificados nos que se desenvolvan dun xeito estable e continuado servizos, programas e actividades de servizos sociais nas distintas áreas sociais. Estas áreas de actuación no eido dos servicios sociais determinan a tipoloxía dos centros, que poden ser:
- Centros para persoas maiores
- Centros para persoas con discapacidade
- Centros de atención á infancia
- Centros de menores
- Centros destinados ás familias
- Centros destinados a vítimas de violencia de xénero
- Centros de inclusión
A prestación de servizos sociais en Galicia é unha actividade regulada suxeita a un réxime de rexistro e autorización previa, tal e como se desprende do artigo 68.1 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, logo do cumprimento das obrigas e requisitos impostos pola normativa vixente.
Realizados estes trámites, poderase exercer a actividade, o cal non exime do cumprimento doutros aspectos relacionados co marco normativo e sectorial de referencia.
Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais.
Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.