Guías
GASOLINEIRAS
Este catálogo ten por obxecto presentar o procedemento necesario para a implantación e posta en funcionamento de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos. Subministración a vehículos.
A actividade de distribución polo miúdo comprenderá, polo menos, unha das actividades seguintes:
- A subministración de combustibles e carburantes a vehículos en instalacións habilitadas para o efecto.
- A subministración a instalacións fixas para consumo na propia instalación.
- A subministración de queroseno con destino á aviación.
- A subministración de combustibles a embarcacións.
- Calquera outra subministración que teña por finalidade o consumo destes produtos.
Este catálogo céntrase nos proxectos que teñan por obxecto a subministración de combustibles e carburantes a vehículos en instalacións habilitadas para o efecto, tales como estacións de servizo e unidades de subministración, que se rexan polo Decreto 45/2015, do 26 de marzo.
Está habilitado un procedemento integrado polo cal as persoas promotoras poderán, a través do órgano competente para a instrución e resolución, acceder á información sobre todos os trámites necesarios para a implantación das instalacións e o exercicio da actividade, así como á realización destes, incluíndo as declaracións e solicitudes necesarias para obter as autorizacións e licenzas precisas.
Real decreto 2487/1994, do 23 de decembro, do Estatuto regulador das actividades de distribución por xunto e de distribución polo miúdo mediante subministracións directas a instalacións fixas de carburantes e combustibles petrolíferos.
Decreto 45/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o procedemento integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos, a súa posta en funcionamento e se determinan os órganos competentes para o exercicio da potestade sancionadora en materia de hidrocarburos.