Guías
ENTIDADES DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO
Este catálogo recolle os trámites necesarios para a habilitación das entidades de formación profesional para o emprego.
Considéranse entidades de formación para o emprego aquelas organizacións, públicas ou privadas, dotadas de personalidade xurídica propia, persoa física ou comunidade de bens, que conta con centros, espazos, instalacións, equipamentos e recursos humanos para desenvolver unha actividade de carácter formativo e impartir formación profesional para o emprego en calquera das modalidades, presencial, teleformación e mixta.
A apertura dos centros de formación está sometida a declaración responsable ou autorización previa, segundo se trate de inscrición ou acreditación.
Inscrición
As entidades de formación que desexen impartir formación non dirixida á obtención de certificados de profesionalidade deberán presentar unha declaración responsable para cada unha das especialidades formativas que pretendan impartir.
A entidade quedará habilitada desde o momento da presentación da declaración responsable para o inicio da actividade.
Acreditación
O título administrativo habilitante para a acreditación das entidades de formación que desexen impartir formación dirixida á obtención de certificados de profesionalidade é a autorización previa.
A entidade quedará habilitada para o inicio da actividade desde a resolución favorable do procedemento de autorización.
Orde TMS/369/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Rexistro Estatal de Entidades de Formación do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, así como os procesos comúns de acreditación e inscrición das entidades de formación.
Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.