Convocatoria 2025en plazoEn prazo:  10/02/2025 - 31/10/2025
Consellería de Economía e Industria

IG408M - IA360. Axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial para o ano 2025, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Apoiar ás pemes e grandes empresas de Galicia no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación a través do uso da Intelixencia Artificial, subvencionando as seguintes tipoloxías de proxectos clasificados en:

Liña A: Desenvolvemento de tecnoloxía para a mellora da actividade económica e industrial e para a comercialización de novos produtos e servizos baseados en Intelixencia artificial.

Liña B: Proxectos de implantación e aplicación de servizos e/o solucións comerciais baseadas en Intelixencia Artificial para mellorar a competitividade das empresas de Galicia, e proxectos no marco da xestión estratéxica do dato para acelerar a adopción de solucións baseadas en Intelixencia Artificial.

Liña C: Proxectos de formación en Intelixencia Artificial en empresas de Galicia, para mellorar a súa capacitación, competitividade e integración da Intelixencia Artificial nas súas cadeas de valor.

Consellería
Consellería de Economía e Industria
Órgano responsable
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

San Lázaro. Complexo Administrativo

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Email: informa@igape.es

www.igape.gal

Código do procedemento
IG408M

QUEN PODE SOLICITALA?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas de calquera sector galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción, cando resulte de aplicación a cada Liña o Regulamento (UE) 2023/2831 (Regulamento de minimis), das actividades excluídas por este:

• A produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura.

• A produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.

Asemade, non poderán ser consideradas como persoas beneficiarias todas aquelas empresas que se dediquen a sectores especificamente excluídos en materia de investigación, desenvolvemento e innovación polo Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado pertinente a efecto do EEE.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

ABERTO

10/02/2025 - 31/10/2025

Segundo a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba os novos prazos de presentación de solicitudes das bases reguladoras de determinadas axudas do Igape publicadas no Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro de 2025, e número 8, do 14 de xaneiro de 2025 o novo prazo de solicitudes é o seguinte:

Data de inicio: 10.2.2025 ás 9.00 h.

Data de fin: 30.4.2025 ás 14.00 h para a liña A e 31.10.2025 ás 14.00 h para as liñas B e C, agás que antes desas datas se produza o esgotamento do crédito.