Convocatoria 2025en plazoEn prazo:  21/01/2025 - 30/09/2025
Consellería de Economía e Industria

IG535A - Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (financiamento Igape-pemes)

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Estas bases regulan as condicións e o procedemento de tramitación do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas no anexo I.

E  convocan para o ano 2025 a Liña de préstamos para o crecemento das pemes-Reavais Crecemento e da Liña de garantías vinculadas a operacións de tráfico ou avais técnicos-Reavais Garantías, en réxime de concorrencia non competitiva.

Consellería
Consellería de Economía e Industria
Órgano responsable
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Código do procedemento
IG535A
Normativa
Ámbito Autonómico

QUEN PODE SOLICITALA?

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos:

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

ABERTO

21/01/2025 - 30/09/2025

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2025 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.