Convocatoria 2025plazo pechadoPrazo pechado:  07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

PR937A - Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Consellería
???label.ove.filtro.conselleria.A12048952???
Órgano responsable
Secretaría Xeral da Emigración
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Subdirección Xeral do Retorno

Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno

Praza de Mazarelos, nº 15

15704  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547268/ 981957162

Fax: 981547296

Email: retorno.emigracion@xunta.es

Código do procedemento
PR937A
Normativa
Ámbito Autonómico

QUEN PODE SOLICITALA?

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do oitavo día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2025.

Información proporcionada pola Guía de Procedementos e Servizos da Xunta de Galicia