Convocatoria 2026en plazoPrazo aberto:  11/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TR341D - Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Apoiar ás persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas.

Consellería
???label.ove.filtro.conselleria.A12048952???
Órgano responsable
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294912/ 982294890/ 982294910

Email: emprego.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Rúa Gregorio Hernández, nº 2-4

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981 182 392/ 981 182 391/ 881 881 548/ 881 881 592

Email: axudasautonomos.traballo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Avda. da Habana, nº 79

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386822/ 988386818

Email: axudasautonomos.traballo.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Rúa Concepción Arenal, nº 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817073/ 986817034/ 986817755

Email: autonomos.emprego.vigo@xunta.gal

Código do procedemento
TR341D

QUEN PODE SOLICITALA?

1. Serán beneficiarias aquelas persoas que cumpran os requisitos xerais establecidos no artigo 7 desta orde e que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026,  sempre que cumpran as seguintes condicións:

1.1. Para a liña 1:

a) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego no momento da alta na Seguridade Social como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, no momento de alta na correspondente mutua, e carecer de ocupación efectiva segundo o disposto no artigo 5.1.

b) Ser titular ou cotitular do negocio ou explotación e ter iniciada a actividade laboral con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, e non ter ningunha alta inicial anterior como persoa traballadora autónoma nos cinco (5) anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG, salvo que a dita alta fose como persoa autónoma colaboradora.

c) Atoparse de alta no imposto de actividades económicas.

d) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036.

e) Ter o domicilio fiscal en Galicia no momento da solicitude da axuda.

Quedan excluídas desta liña as persoas socias de sociedades que teñan personalidade xurídica (sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado, sociedade civil profesionais), así como os administradores e as persoas autónomas colaboradoras.

1.2. Para a liña 2:

a) Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no número 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, no momento de presentación da solicitude.

b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego no momento da alta na Seguridade Social como persoa autónoma, e carecer de ocupación efectiva segundo o disposto no artigo 5.1.

c) Ter iniciada a actividade, segundo a definición do artigo 5.3), con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

d) Atoparse de alta no imposto de actividades económicas.

e) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036.

f) Ter o domicilio fiscal en Galicia no momento da solicitude da axuda.

g) Ter alta nun CNAE correspondente ao sector agrícola (01), gandeiro (01) ou silvícola (02), no caso da solicitar a axuda da letra b.2) prevista no artigo 24.

h) No suposto de persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado e administradores destas, estas deberán ser de nova creación, isto é, aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 30 de setembro de 2025, segundo a data que figure no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, na data de alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal e cumpran cos requisitos establecidos nesta orde. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

3. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aquelas que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non acharse ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

4. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

5. A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 4 e 5 anteriores para obter a condición de persoa beneficiaria realizarase mediante declaración responsable, a excepción do recollido no número 4.e), que se xustificará de conformidade co disposto nas letras f), g) e h) do artigo 28 deste programa.

6. Enténdese que a persoa solicitante desiste da solicitude cando cause baixa no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, en data anterior á resolución da concesión da axuda. A persoa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano ante o cal solicitou a axuda.

Requisitos xerais.

As persoas traballadoras autónomas deberán cumprir os seguintes requisitos xerais á hora de solicitar as axudas:

a) Ter feitos os 18 anos.

As persoas beneficiarias das axudas do programa I e do programa II deben figurar inscritas como demandantes de emprego desempregadas no Servicio Público de Emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e manterse nesa situación ata o momento en que se produza a alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou, se é o caso, na mutualidade correspondente.

b) As persoas beneficiarias das axudas de todos os programas deberán desenvolver a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos destas axudas de todos os programas, entenderase que a persoa beneficiaria desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia cando o domicilio da actividade e o centro de traballo estean situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para determinar onde se desenvolve a actividade económica, para os efectos desta orde, considerarase:

– Se a actividade se desenvolve nun establecemento físico, no domicilio deste.

– Se a actividade se desenvolve sen establecemento físico, no domicilio fiscal do beneficiario ou causante, se é o caso.

Para a comprobación do cumprimento do requisito de desenvolver a súa actividade de persoa traballadora autónoma na Comunidade Autónoma de Galicia, consideraranse os datos recollidos no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores e os datos do domicilio fiscal, ambos rexistrados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, e o informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

ABERTO

11/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e  rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.

Información proporcionada pola Guía de Procedementos e Servizos da Xunta de Galicia