Convocatoria 2026en plazoPrazo aberto:  11/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TR341Q - Bono das persoas traballadoras autónomas.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Apoiar a consolidación de proxectos que superaron os tres anos de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade.

Consellería
???label.ove.filtro.conselleria.A12048952???
Órgano responsable
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Rúa Gregorio Hernández, nº 2-4

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881586/ 881881064

Email: axudascontratacionallea.traballo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817034/ 986817755/ 986817073

Email: autonomos.emprego.vigo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 7ª

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386810/ 988386805

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294912/ 982294326

Código do procedemento
TR341Q

QUEN PODE SOLICITALA?

1. As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que na data da solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos, computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas, declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros.

c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2024.

2. As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

No suposto de persoas autónomas administradoras, terán a consideración de autónomo societario se forman parte da sociedade nunha porcentaxe igual ou superior ao 25 % da súas participacións ou igual ou superior do 33 % do seu capital, o que deberán acreditar fidedignamente mediante certificado do rexistro mercantil, escritura notarial ou calquera outro documento que recolla fidedignamente tanto a dita participación como a súa condición de persoa autónoma societaria con data anterior á presentación da solicitude.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2024.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 50.000 euros referirase á suma de todos os rendementos netos reducidos (rendementos da actividade económica da entidade solicitante), declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (modelo 184).

3. Quedan excluídas do programa regulado neste capítulo:

a) As persoas autónomas colaboradoras e os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

b) As persoas autónomas administradoras, salvo que formen parte da sociedade nunha porcentaxe igual ou superior ao 25 % das súas participacións ou igual ou superior ao 33 % do seu capital, o que deberán acreditar fidedignamente mediante certificado do rexistro mercantil, escritura notarial ou calquera outro documento que recolla fidedignamente tanto a dita participación como a súa condición de persoa autónoma societaria con data anterior á presentación da solicitude.

c) As persoas traballadoras autónomas que foron beneficiarias e percibiron a axuda do bono das persoas autónomas, procedemento TR341Q, nalgunha das cinco últimas convocatorias (2021 a 2025, ambas incluídas).

d) As persoas traballadoras autónomas que resultaran beneficiarias desta axuda TR341Q en 2026 e renunciaran a ela no marco desta convocatoria.

e) As sociedades que foron beneficiarias e percibiron a axuda do bono das persoas autónomas, procedemento TR341Q, nalgunha das cinco últimas convocatorias (2021-2025, ambas incluídas).

f) As sociedades que resultaran beneficiarias desta axuda TR341Q en 2026 e renunciaran a ela no marco desta convocatoria.

Requisitos xerais.

As persoas traballadoras autónomas deberán cumprir os seguintes requisitos xerais á hora de solicitar as axudas:

a) Ter feitos os 18 anos.

As persoas beneficiarias das axudas do programa I e do programa II deben figurar inscritas como demandantes de emprego desempregadas no Servicio Público de Emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e manterse nesa situación ata o momento en que se produza a alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou, se é o caso, na mutualidade correspondente.

b) As persoas beneficiarias das axudas de todos os programas deberán desenvolver a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos destas axudas de todos os programas, entenderase que a persoa beneficiaria desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia cando o domicilio da actividade e o centro de traballo estean situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para determinar onde se desenvolve a actividade económica, para os efectos desta orde, considerarase:

– Se a actividade se desenvolve nun establecemento físico, no domicilio deste.

– Se a actividade se desenvolve sen establecemento físico, no domicilio fiscal do beneficiario ou causante, se é o caso.

Para a comprobación do cumprimento do requisito de desenvolver a súa actividade de persoa traballadora autónoma na Comunidade Autónoma de Galicia, consideraranse os datos recollidos no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores e os datos do domicilio fiscal, ambos rexistrados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, e o informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

ABERTO

11/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.

Información proporcionada pola Guía de Procedementos e Servizos da Xunta de Galicia