Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2025plazo pechadoPrazo pechado:  24/01/2025 - 24/02/2025
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

CT207E - Subvencións á creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Concesión de subvencións establecidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para o apoio á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais,  e a posprodución de curtametraxes e realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras  e a súa convocatoria  para o ano 2025.

Consellería
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Órgano responsable
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

https://industriasculturais.xunta.gal/es

Código do procedemento
CT207E

QUEN PODE SOLICITALA?

1. As persoas físicas que poidan acreditar a súa vinculación previa coa realización dunha obra audiovisual ou formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a súa participación en cursos ou obradoiros relacionados coa creación audiovisual, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.

2. As persoas físicas autónomas ou as persoas xurídicas que estean constituídas como produtora independente no momento de presentar a solicitude, teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

24/01/2025 - 24/02/2025

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

As subvencións
máis actuais

15/07/2025 - 14/08/2025
Consellería de Política Social e Igualdade
15/07/2025 - 01/12/2025
Presidencia da Xunta de Galicia
18/07/2025 - 15/09/2025
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración