MR446C - Axudas para a colleita en verde.
PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN
Conceder axudas pola destrución ou eliminación total dos acios de uvas de viñedos que se destinen á produción de uva para vinificación cando aínda están inmaturos, de maneira que se reduza a cero o rendemento da parcela, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I da orde que realiza a convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294459
Email: explotacionsagrarias.cmr.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense
Rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4-6 baixo
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386687
Email: sea.cmrm.ourense@xunta.gal
QUEN PODE SOLICITALA?
As persoas viticultoras cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantacións de viñedo
QUE PRAZO HAI PARA FACELO?
PECHADO
10/04/2025 - 02/05/2025
Segundo a Orde do 22 de abril de 2025 pola que se modifica a Orde do 4 de abril de 2025, o artigo 21, relativo ao prazo de solicitudes queda redactado como sigue:
Tendo en conta o establecido no artigo 37 do Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, o prazo de presentación iníciase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finaliza o 29 de abril de 2025
As subvencións
máis actuais