Guías
ELABORACIÓN DE PRODUTOS LÁCTEOS
Este catálogo fai referencia ao procedemento para a posta en marcha de iniciativas empresariais correspondentes a industrias elaboradoras de produtos lácteos, entendendo por produtos lácteos os produtos transformados como resultado da transformación do leite cru ou da transformación subseguinte de tales produtos transformados.
Recolle tamén o procedemento para a autorización de empresas artesanais alimentarias, cuxos requisitos veñen pautados polas normas técnicas correspondentes (pendentes de publicación).
Existen dúas tramitacións diferenciadas en función das características das empresas.
Por unha banda, están as empresas que realizan as actividades de produción, transformación, elaboración e/ou envasado, almacenamento e/ou distribución e/ou transporte, así como importación de produtos procedentes de países non pertencentes á Unión Europea, as cales teñen que solicitar autorización administrativa; por outra, o resto das empresas, que farán só unha comunicación de inicio de actividade.
Realizados estes trámites, poderase exercer a actividade, o cal non exime do cumprimento doutros aspectos relacionados co marco normativo e sectorial de referencia.
Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre Rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos.
Decreto 174/2019, do 19 de decembro, polo que se regula a artesanía alimentaria.
Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro galego sanitario de empresas e establecementos alimentarios.