Inicio
Proxectos industriais

Proxectos industriais

A lexislación autonómica regula dúas figuras orientadas ao impulso dos proxectos industriais en Galicia co obxectivo de contribuír a que poidan executarse no menor tempo posible, mediante o acompañamento e asesoramento ás persoas promotoras dos investimentos durante as tramitacións administrativas que sexan necesarias, así como a simplificación e axilización das devanditas tramitacións. Estas figuras son o Plan de impulso e aceleración de proxectos industriais e os proxectos industriais estratéxicos (PIE).

Doutra banda, o noso marco normativo desenvolve a figura dos proxectos de interese autonómico (PIA), que se configuran como instrumentos de intervención directa na ordenación do territorio da Comunidade Autónoma.

REFERENCIAS NORMATIVAS
Lei de política industrial

Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.

Grupo Cortizo

Construción dun campus tecnolóxico

Grupo Cortizo

Hijos de Carlos Albo

Construción dunha nova planta produtiva

Hijos de Carlos Albo

Oviganic Ibérica

Instalación de torre de secado e liña de butter-oil

Oviganic Ibérica