Guías
EMPRESAS E ESTABLECEMENTOS FUNERARIOS
Este catálogo fai referencia aos procedementos necesarios para constituír unha empresa de servizos funerarios, consonte o establecido no Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia, no que se definen os diferentes establecementos funerarios: tanatorios, velorios e crematorios.
Porén, neste catálogo tamén se dará conta doutros procedementos que teñen que ver coa realización da actividade, tales como a solicitude do dilixenciamento de libros de rexistro, a comunicación de traslados mortuorios, as autorizacións para exhumacións e os enterramentos especiais.
Deberá presentarse unha declaración responsable no modelo normalizado para tal efecto. Nela faranse constar os datos dos establecementos indicando que cumpren os requisitos das empresas funerarias e dos tanatorios, velorios e crematorios exixidos pola normativa. Unha vez presentada esta declaración, e logo da comunicación previa ao concello, poderán iniciar a actividade, o cal non exime do cumprimento doutros aspectos relacionados co marco normativo e sectorial de referencia.
Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia.