Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2024plazo pechadoPrazo pechado:  02/10/2024 - 04/11/2024
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

IN606D - Axudas doutoramento industrial.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Establecer as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para o desenvolvemento de proxectos de doutoramento industrial, Programa Doutoramento Industrial, da Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Consellería
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Órgano responsable
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Rúa Airas Nunes, s/n

15706  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957000

Email: centros.gain@xunta.gal

http://gain.xunta.gal

Código do procedemento
IN606D

QUEN PODE SOLICITALA?

Poderán ser beneficiarias de estas axudas:

a) As empresas e os centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma que estean validamente constituídos, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia e conten cun ano de antigüidade mínima no momento da presentación da solicitude de axuda que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizar un proxecto de doutoramento industrial en colaboración cunha universidade do SUG que lles sirva como traballo de tese de doutoramento e sexa do seu interese.

b) As universidades do SUG que desexen participar na execución dun proxecto de doutoramento industrial que se desenvolva en colaboración cunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia e asumir a dirección dunha tese de doutoramento asociada.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

02/10/2024 - 04/11/2024

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

As subvencións
máis actuais

18/06/2025 - 17/07/2025
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
23/06/2025 - 01/10/2025
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
20/06/2025 - 15/09/2025
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
10/06/2025 - 09/07/2025
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude