Proxectos industriais
Ata o momento, o Consello da Xunta ten declaradas as seguintes iniciativas empresariais prioritarias:
- Construción dunha nova planta produtiva en PLISAN, promovida por Hijos de Carlos Albo, S.L.U.
- Construción dun campus tecnolóxico, promovido por Aluminios Cortizo, S.A.U.
- Instalación de torre de secado e liña de butter-oil, promovida por Oviganic Ibérica, S.L.
- Ampliación da industria conserveira en Ribeira, promovida por Ignacio González Montes, S.A.
- Construción dunha nova planta de compostaxe en Vilanova de Arousa, promovida por Sogama, S.A.
- Desenvolvemento dunha planta de produción de biometano para inxección en rede, en esquema de economía circular a través da xestión e valoración de residuos orgánicos en Lamabranca-Lugo, promovida por Bioenergía Lugo, S.L.
- Desenvolvemento dunha planta de produción de biometano en Sarreaus-Ourense, promovida por Bioenergía Ourense, S.L.
- Ampliación e melloras tecnolóxicas en industria cárnica, promovida por Novafrigsa, S.A.
- Desenvolvemento dunha planta de produción de biogás para a obtención de biometano líquido, promovida por Agroamb Prodalt, S.L.
- Desenvolvemento dunha planta ecosaludable con accesibilidade universal para a elaboración de produtos panificados de nova xeración, promovida por Hornos de Lamastelle, S.A.
- Desenvolvemento dunha planta de procesamento de hidróxeno verde e o seu transportador amoníaco verde, con terminal para o seu almacenamento e expedición, denominado Proxecto Ahmon, promovido por Armonía Green Galicia, S.L.
- Desenvolvemento dunha planta de elaboración de café de nova xeración, promovido por Cafés Candelas, S.L.
- Desenvolvemento dunha planta de produción de metanol verde a partires de captura de CO2, denominado Proxecto Triskelion, promovido por Forestal del Atlántico, S.A. (Declarado como proxecto industrial estratéxico)
- Desenvolvemento dunha planta de produción de biometano para inxección á rede, en esquema de economía circular a través da xestión e valorización de residuos orgánicos en A Laracha-A Coruña, promovido por Bioenergía A Coruña, S.L.
- Desenvolvemento dunha planta de valoración de material de rechazo en As Somozas–A Coruña, promovido por Valogreene Recinor, S.L.
- Desenvolvemento dunha planta de produción de hidróxeno renovable con captura de CO2 e síntese de metanol verde en Caldas de Reis-Pontevedra, denominado Proxecto Green Umia, promovido por Iberdrola Clientes, S.A.
- Desenvolvemento dunha planta de produción de hidróxeno renovable con captura de CO2 e síntese de metanol verde en Begonte-Lugo, denominado Proxecto Green Meiga, promovido por Iberdrola Clientes, S.A.
- Desenvolvemento dunha planta de produción de hidróxeno verde en Meirama, promovido por Naturgy Nuevas Energías, S.L.U. (Declarado como proxecto industrial estratéxico)
- Desenvolvemento dunha planta de fabricación de inxectables en Monforte de Lemos, promovido por Kern Pharma, S.L.
- Instalación dunha fábrica multimolde en Vilalba (Lugo), promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U.
- Construción de dúas naves de galiñas en chan, instalación dunha planta de compostaxe de galiñaza e instalación fotovoltaica en Palas de Rei – Lugo, promovido por Granja Campomayor S.L.
- Construción dun centro verde de hidróxeno e amoníaco a partir de fontes de enerxías renovables en As Pontes de García Rodríguez - A Coruña, promovido por EsuH2 Mjolnir S.L. (Universal H2)
- Construción dunha planta biotecnolóxica integral de produción de proteínas de orixe vexetal en Curtis - A Coruña, promovido por In Proteins for All, S.L.
- Construción dun centro de investigación avanzada (e-Mobility) en Nigrán – Pontevedra, promovido por Borgwarner Emissions Systems Spain S.L.
- Construción dunha planta de xeración de hidróxeno verde en Arteixo – A Coruña, denominado Proxecto Arteixo H2V, promovido por Accionaplug S.L.
- Construción dunha planta industrial "Power-to-liquid(PtL)" de produción de Hidrocarburos sintéticos en Curtis - A Coruña, denominado Proxecto Breogán, promovido por Greenalia S.A.
- Construción dunha planta de produción de pelets e planta de coxeración eléctrica baixo un modelo de Industria 4.0 en Pedrafita do Cebreiro - Lugo, promovida por Talentya Digital Global Solutions S.L.