Inicio
Proxectos industriais
Outros proxectos do plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais
Plan autonómico de impulso e aceleración
1. Regulación
Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.
Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
2. Obxectivos
- Impulsar e facilitar a implantación e ampliación de determinados proxectos e reducir os seus prazos.
- Acompañamento e asesoramento ás persoas promotoras dos investimentos durante as tramitacións administrativas.
3. Requisitos
- Investimento superior a 800.000 € en activos fixos excluídos os inmobiliarios.
- Xustificación de interese e incidencia cualificada do proxecto.
Enlace a sede: Procedemento IN230C
4. Efectos
- Acompañamento e asesoramento ás persoas promotoras durante as tramitacións administrativas ante a Administración xeral da Comunidade Autónoma e os entes públicos dela dependentes e outras administracións públicas.
- O carácter prioritario da tramitación por parte da Administración xeral da Comunidade autónoma.
- A concorrencia de razóns de interese público aos efectos da tramitación de urxencia dos procedementos. Redución a metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario.