"O alimentario é un sector fundamental para o futuro de Galicia, polo que apostar e investir"
Comprometido co impulso da participación das pemes en iniciativas relacionadas coa transición ecolóxica e a economía circular, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) deseñou “un servizo específico” que permite potenciar o deseño e a execución de plans de circularidade e sustentabilidade para os seus asociados. O seu presidente, Juan José de la Cerda López, considera que os Next Generation son “unha oportunidade para transformar o sector” cara á innovación e á dixitalización, algo “necesario” para garantir a súa competitividade na industria alimentaria galega